Páxina do Núcleo Confederal de Betanzos e Comarca adherido á C.N.T. (Confederación Nacional do Traballo).
26 abr 2013
Convocatorias 1 de Maio na Galiza
Baixo o lema "Rompamos co seu xogo. Construamos a alternativa" os sindicatos da CNT de Galiza fan un chamado á mobilización neste 1º de maio. As convocatorias son as seguintes:
VIGO
Manifestación CNT: Saída ás 12h. do Paseo de Alfonso XII (Olivo) e remate na Praza da Independencia. Posteriormente terá lugar no CSOA "Xuntas" (Rúa do Carme, 1) unha tarde de confraternización.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1520
PONTEVEDRA
Manifestación CNT, CGT: Saída ás 13h. da praza da Ferrería.
FERROL
Manifestación e mitin de CNT, CUO(Comités pola Unidade Obreira) e Empresas en conflicto da Comarca.
18 horas con saída no Cantón ata a Praza do 10 de Marzo.
VILAGARCIA DE AROUSA
Manifestación CNT: Saída ás 12h. desde a Casa do Mar (Avda. da Mariña S/N).
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1524
COMPOSTELA
Manifestación CNT, CUT, Asemblea Aberta de Compostela e Asembleas Abertas de Estudantes: Saída ás 12:30h. desde a Praza do 8 de Marzo (Porta do Camiño) e remate na Praza do Toral.
A continuación celebrarase un comedor popular (a partir das 14:30h.) no Parque de Belvís.
Finalmente, a partir das 18h. haberá espectáculo de improvisación teatral e fecharemos o dia cun concerto a cargo de Terbutalina, O Leo I Arremecághona, O Leo de Matamá e En-Riquiño.
http://www.cntgaliza.org/?q=node/1525
OURENSE
Manifestación CNT, CGT, CUT e colectivos sociais: Saída ás 12h. da ponte Romana (do lado Avda. Caldas) e remate nos Xardíns Padre Feijó, onde se colocará un posto informativo da CNT a partir das 16h.
LUGO
Manifestación CNT e colectivos libertarios: Saída ás 18h. da Praza Horta do Seminario.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
En Coruña nada?
Publicar un comentario